Ferrolaneando ofrece un verán cheo de actividades

Ferrolaneando ofrece un verán cheo de actividades

23 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Que Ferrol sexa un referente turístico de España. Ese é o obxectivo do proxecto Ferrolaneando, posto en marcha polo concello de Ferrol en colaboración con hostaleiros e empresarios. Con esta iniciativa preténdese dar a coñecer a cidade fóra das nosas fronteiras e convertelo nun destino turístico no que poder gozar co mar e con tódolos servizos que ofrece. A través dunha campaña publicitaria en diversos puntos de España e Por

Eacute; moi difícil resumir o que ofrece Ferrol, porque é moito o que lle pode dar ó visitante. Por exemplo para este verán poderemos escoller entre actividades culturais, deportivas, de ocio e incluso rutas a pé, en tren ou en barco. Sobre as viaxes en barco hai que destacar as ceas nocturnas pola ría, actividade que está a contar xa cunha importante demanda e que nos primeiros días conta co cartel de “cheo”. Tódalas actividades que ofrece o Ferrolaneando recóllense nunha nova guía da cidade na que se resumen tódalas citas de lecer da cidade e todos aqueles lugares que o visitante que se achega a Ferrol non se pode perder. Para este verán agárdase que a ocupación hoteleira na cidade rolde o 70% grazas a esta iniciativa.

Sociedade