Ferrolterra, máis abstencionista que Galicia

Ferrolterra, máis abstencionista que Galicia

08 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ferrolterra foi máis abstencionista que a provincia da Coruña e que Galicia. Esa é unha das conclusións da analise dos resultados das eleccións ao Parlamento europeo celebradas na xornada de onte.

A participación nos 7 concellos que bordean a ria de Ferrol é 6 puntos inferior á galega, e 3 á da provincia da Coruña. Agrupando os resultados deses municipios, o PP situase como a forza máis votada con 22924 papeletas (o 18,09% do censo) por 19308 (15,23%) do PSOE. En terceira posición situase o BNG con 4390 sufraxios (3,46%). A máis distancia sitúanse Esquerda Unida (1356 votos) e UpyD (804). En relación co conxunto da provincia da Coruña, o PP logra en Ferrolterra menos apoio ao igual que o BNG. Os socialistas repiten a porcentaxe de respaldo nos dous ámbitos. UpyD ten na provincia da Coruña máis apoios que na comarca, ao revés que Esquerda Unida. Na analise por Concellos o PP é a forza máis votada en Ares, Ferrol, Narón, Mugardos e Valdoviño. O PSOE situase en primeira posición en Fene e Neda.

Sociedade