Ferrolterra mobilízase en defensa da Sanidade Pública

Ferrolterra mobilízase en defensa da Sanidade Pública

10 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Último chamamento da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra para participar na mobilización comarcal que partirá mañá, ao mediodía, do Ambulatorio da Praza de España de Ferrol. Baixo o lema “A saúde non é un negocio, non á privatización da Sanidade Pública”, máis de corenta asociacións da bisbarra secundan a convocatoria (moitas delas relacionadas co ámbito da sa&uacu

Con esta manifestación, a organización convocante quere demandar da Xunta de Galicia un maior compromiso coa Área Sanitaria de FErrolterra. A Plataforma reclama a adecuación dos orzamentos da consellería de Sanidade ás necesidades reais de contratación de persoal. Pide que se promova a plena utilización de todos os recursos sanitarios públicos e que se revisen os concertos establecidos cos Hospitais Privados e Concertados. Entre as revindicacións, salientan tamén a creación dun centro de referencia das enfermedades profesionais e o Mantemento do Plan de Mellora da Atención Primaria.

Para o Partido Popular de Fene, a mobilización da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra non ten sentido. O voceiro do grupo municipal, Gumersindo Galego, nega que o goberno da Xunta de Galicia estea tentando privatizar a Sanidade Pública e cualifica a convocatoria de "tomadura de pelo".

Ás doce do mediodía, mañá domingo, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra convoca aos cidadáns a participar na mobilización que partirá do Ambulatorio Fontenla Maristany.

Sociedade