A Festa da Carballeira celebra o vindeiro 6 de agosto a súa XXVIII edición

A Festa da Carballeira celebra o vindeiro 6 de agosto a súa XXVIII edición

18 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Un ano máis celébrase a Festa da Carballeira, e este ano faino na que é a súa XXVIII edición. O sábado 6 de agosto, terán lugar as múltiples actuacións que dan forma a este festexo.

A partir das cinco da tarde, actuarán ata tres grupos diferentes, os grupos de baile da asociación cultural Castro-Meda, de Zas, o grupo folclórico Palacio do Rei, de Lugo, e a banda de gaitas Inllar, de Ponteceso.
O primeiro destes grupos, formado no ano 86, recolle o bailes, músicas e vestiduras da zona, como representación dos xeitos de vivir e de diversión dos nosos avós. Actúa fóra de Galicia, por toda España, e faino tamén en Portugal e Arxentina. Pola súa banda, Palacio do Rei,  nace no 1995 coa fin de recoller, ensinar e divulgar o rico folklore de Galicia. A agrupacioón de gaitas de Inllar é a mais nova das 3. Nada en 1999 baixo a dirección de Manolo Dourado, hoxe está formada por 38 integrantes, e dirixida por Silvana Martinez. Ademáis, esta banda de Ponteceso ten xa un disco no mercado chamado “Boa Xera”.
Xa pola noite, a partir das 10, daranse cita grupos de orixe distinta. Non só Galicia terá presencia nesta cita da Carballeira, senón que tamén estará presente Euskadi, coa actuación do grupo Korrontxi, liderado por Agus Barandiaran, amante acérrimo da música folk de Euskal Erria. Irlanda terá tamén o seu sitio grazas a actuación de  Four Man and Dogs que dará a coñecer fóra das súas fronteiras  un dos atractivos máis grandes da banda: a mestura da música tradicional irlandesa con outros xéneros, rap, rock sureño, jazz, blues, bluegrass, polca, country, swing e mesmo salsa.
Os grupos galegos Muxarega, de As Pontes, Coanhadeira de Ourense e os Festicultores Troupe, de Galiza, terán tamén o seu protagonismo.
Muxarega dará un concerto baseado na música folk instrumentral a partir de pezas do repertorio tradicional galego, Cohandeira fará o propio co estilo que o caracteriza dende o seu nacemento en 2006, e os Festicultores Troupe, presentarán o seu novo espectáculo “Os Sadomusiquistas”, con nova formación e novo repertorio no seu 70 % inédito, pero ca mesma filosofía de sementar a festa.O acceso a esta XXVIII edición da Carballeira custa 5€,con agasaio de CD conmemorativo do festival con dúas cancións de cada grupo.
Ademais, cabe sinalar que a exposición da Carballeira terá lugar dende o 31 de xullo ó 7 de Agosto no Centro de Usos Múltiples do concello de Zas.

Sociedade