A Festa da Orella de Limodre cumpre 17 anos

A Festa da Orella de Limodre cumpre 17 anos

17 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Estamos ás portas - venres 19 de agosto- dunha nova edición da Festa da orella de Limodre. 17 anos cumpre esta cita veraniega na pista polideportiva desta parroquia fenesa. A orixinalidade é o éxito está nos productos que se degustan en pleno mes de agosto: a orella con chourizo, acompañados de pataca, pan e viño, servidos en cunca e prato conmemorativo de Buño.

Celebrase este venres dia 19 dende as 21.30 horas, baixo unha carpa coa novidade musical do Dúo Latino, segundo o presidente da Asociación veciñal organizadora da festa, Suso Bello.

Consérvanse os mesmos  prezos por ración do ano pasado, 10 euros máis 1 euro para a queimada que se sirve ás 12 e á 1 da madrugada. A festa da orella de Limodre conta co apoio económico do Concello de Fene. para os pequenos haberá a carón da carpa un castelo hinchable.  

Sociedade