A festa da risa

A festa da risa
05 de Marzo, 2019 - 09:55 h. | Publicada por Radio Redondela

O Entroido en Galicia é a festa das festas ou a festa da risa. Así o denomina un dos estudosos máis importantes do Carnaval galego, Federico Cocho. Unha das conclusións ás que chega é que a nosa festa ten moitas semellanzas con outras do norte da península, dos vellos países de Europa como Italia, Francia ou Portugal e mesmo con América, aló onde chegaron os colonizadores.

Entroido, a festa da risa

Hai diferentes teorías sobre a orixe do Entroido, pero a medievalista, asumida por Vicente Risco, é a máis extendida. Contrapón o carnaval á coresma e relaciona a celebración co cristianismo. Carnaval ven do latín “Carne levare” o mesmo que antroido ven de introitus.

Nun tempo lonxano todas as aldeas tiñan as súas entroidadas porque tiñan un carácter liberador. Eras espontáneas e colectivas. O tempo de entroido abría unha paréntese na dura vida cotiá. Poñíase o mundo patas arriba. A festa coincide coa chegada da primavera, antes da coresma e a prohibición da carne. A represión da festa coa chegada do franquismo, feriu de morte a celebración. Sobrevive, tal e como era antes, en poucos recunchos. Tan esquecido quedou que dende a Xeración Nos ata o ano 1990 non se fixo ningún traballo de campo sobre o Entroido.

Cultura

Publica o teu comentario agora