A festa das Pepitas non debe ser un gueto

A festa das Pepitas non debe ser un gueto

18 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O musicólogo ferrolán, Juan José Rodríguez de los Rios, bota en falta a espontaneidade das Pepitas de antano, ver á xente correndo detrás das rondallas e cantando con elas nas tabernas. De los Rios é autor do libro " Historia de la noche de las Pepitas" editado por Embora no 2006.

Hai que remontarse ao século XIX para atopar as orixes da festa das Pepitas de Ferrol, única na sua modalidade. “Los Caballeros de la edad media” é a primeira rondalla da que se ten constancia, no ano 1888, a primeira vez que aparecen as voces masculinas. Eran as voces dos operarios do estaleiro. O obxectivo, cantar ás mulleres que se chamaban Pepita, nome común daquelas, xusto na noite anterior ao seu santo. Moi importante é destacar que o Dia de San Xosé era naquel tempo o único dia festivo para os obreiros. Juanito Malde e Xosemaría Pérez Parallé foron, para o musicólogo, Juan José Rodriguez de los Ríos, , os maiores expoñentes da canción ferrolana. Canción ferrolana que nons e debe confundir con habaneras. No libro “La noche de las Pepitas” editado por Embora, o autor Rodriguez de los Rios desvela algunhas das características mais tradicionais da festa. As rondallas cantaban as “danzas” con paixón e moitísimo romanticismo, nada que ver coa Tuna, segundo este experto. En 1915 confluiu o maior numero de agrupacións polas ruas ferrolanas. Para Rodriguez de los Ríos, a estas alturas da película,  á festa  das Pepitas fáltalle espontaneidade. As rondallas non deben “encerrarse” nunha praza e actuar para elas mesmas nas suas respectivas Sociedades de Recreo. Juan José Rodriguez de los Rios defende que deberan saír á rua e pasar a noite cantando polas ruas e polos bares. “ Nos anos 50 a xente ía detrás das rondallas e cantaba con elas durante toda a noite” declara o musicólogo. Destas e outras cousas fala na entrevista que lles ofrece Radiofusión nesta páxina.  

Sociedade