Festa de benvida ao novo ano

Festa de benvida ao novo ano
23 de Novembro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A festa de fin de ano volverá á Praza Ramón Souto de Fene. Tras o éxito do ano pasado, espérase con expectación unha nova programación. A orquestra e o DJ están apalabrados pero o Concello quere agardar pola sinatura do contrato para facer público o nome dos músicos que arrufarán a benvida ao 2024 en Fene.

Fotografía Xan Xe

A festa comezará con música á unha da madrugada do 1 de xaneiro do 2024. Repetirase co reparto de chocolate con churros e esperase máis xente que  o ano pasado. Haberá unha festa total e a cidadanía non terá que desprazarse nin coller o coche para vivir a xolda, segundo a concelleira Angeles Coira. 

O alumeado de Nadal acenderase o un de decembro. O Concello baralla tamén a convocatoria dun concurso de iluminación e decoración de fachadas. Haberá tamén un photocall que percorrerá as parroquias. Os colexios de Primaria colaborarán na decoración do acivro situado ao pé da Casa do Concello.  
 

 

Imaxe das festas de Perlío 2023

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora