Festa do Cabalo de Magalofes

Festa do Cabalo de Magalofes

26 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Festa do Cabalo en Magalofes celébrase o domingo cun programa que nos ofrece os concursos de beleza e estampa e as probas de arrastre, que ocuparán a mañá no campo das Queiras de Magalofes. Este ano asistiremos pola tarde a un espectáculo ecuestre, “Soñando a cabalo” máis completo que o do ano pasado, segundo o directivo veciñal de Magalofes, Manuel Pico.

A tarde complétase cos Andadura galega e a proba de trotóns. Aos concursos de enganches de duas e catro rodas seguiránlles as agardadas carreiras de cabalos cruzados e do país, que pecharán esta edición do 2011.

Postos de churrasco e de todo tipo de productos relacionados co cabalo instalaranse no campo das Queiras. Un cento de casas comerciais prestan apoio para o reparto de premios por un importe total cercano aos 6.000 €. A Xunta de Galicia, a Deputación e Concello colaboran dende a primeira edición.

A XXI Festa do Cabalo de Magalofes conta cun amplo espacio de aparcamento de veículos para facilitar o acceso ao campo das Queiras. A Policia Local e Protección Civil contribuen a que todo discurra con axilidade.  No seo da festa Radiofusión e a entidade veciñal colaboran nun novo certame fotográfico.

Sociedade