A Festa do Cabalo de Magalofes, unha exaltación da espectacular estampa dos equinos

A Festa do Cabalo de Magalofes, unha exaltación da espectacular estampa dos equinos

11 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Festa do cabalo 2009 en Magalofes celebrará o domingo 30 de agosto a súa XIX  edición. A xornada equina desenvolveráse ao longo de todo o día onde cabalos e éguas concentrarán todo o protagonismo. Concursos, carreiras, exhibicións fan da Festa do Cabalo unha exaltación a este animal de espectacular beleza.

A  Festa do Cabalo de Magalofes organizada pola Asociación Veciñal desta parroquia de Fene, desenvolverá un amplo programa. Ás dez e media dáse o pistoletazo de saída para as probas cun concurso de beleza e estampa de éguas e cabalos de máis de dous anos. A competición conta con tres categorías:  razas indefinidas, cabalos de pura raza galega e de pura raza española.

A proba de arrastre, unha das que maior expectación espertan entre o público, terá lugar ás doce e media. As probas retómanse ás catro da tarde coa modalidade de andadura galega. Unha hora máis tarde tocarálle o turno a proba de trotóns. Completan o programa a exhibición de doma de alta escola, a exhibición de doma vaqueira, ou o concurso de enganche de catro  e dúas rodas. Asemade ás sete e media disputaráse a carreira de cabalos cruzados e a carreira de cabalos do país, pechándose así unha nova edición da Festa do Cabalo.

Ata 32 establecementos patrocinan este evento ecuestre o que da fe do prestixio e calidade do mesmo. Unha celebración que conta cada ano con maior afluenza de xente e de amantes dos equinos. Unha festa que xa é un referente no calendario estival de Ferrol e comarca.

Sociedade