A Festa do Queixo de Arzúa achégase ás bandas emerxentes grazas ao “Queixo Maquetón”

A Festa do Queixo de Arzúa achégase ás bandas emerxentes grazas ao “Queixo Maquetón”

10 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O concelleiro de Cultura de Arzúa, Xosé Luís García, falou en Radiofusión dunha das propostas máis novidosas da XXXIV Festa do Queixo de Arzúa. Trátase do certame de maquetas “Queixo Maquetón”, unha aposta pioneira no rural que pretende sementar unha cultura musical desde a base, con identidade propia e co desexo de perdurar no futuro. As tre

 

Alberto Alfonso e Xosé Ramón Bernárdez, impulsores e organizadores do “Queixo Maquetón”, sinalaron que esta proposta está a resultar moi positiva, xa que na súa primeira edición recibíronse 27 maquetas. Aseguran que “o máis difícil foi elixir porque o nivel estivo moi alto”. Os dous responsables estiveron de acordo en que esta é unha iniciativa con moito futuro que resulta novidosa ao celebrarse no entorno rural.

Cultura