A festa non para

Perlío en festas esta fin de semana
08 de Agosto, 2019 - 09:49 h. | Publicada por Radio Fene

A festa non para. Chegan este fin de semana as festas de San Estebo de Perlío. A orquestra Olympus arrufará a verbena nocturna do sábado.

Os festexos de Perlío comezarán este venres cunha gran verbena. Compartirán escenario a Orquestra Furia Joven e o trío Antha. O sábado abre co disparo de bombas de palenque, seguiralle o percorrido da banda de gaitas “Os Feneses”. Á unha do mediodia misa solemne e a procesión. Ás dúas da tarde a música correrá a cargo do grupo PK2. Pola noite a verbena contará cos mesmos PK2 e a orquestra Olympus. E para rematar, o domingo 11 de agosto nas pezas do mediodia tocará o Grupo Kalima. A comisión de festas comunica que por cambio de última hora o domingo á noite haberá tamén verbena co mesmo grupo Kalima.

Cultura

Publica o teu comentario agora