Festa sen alcol

Festa sen alcol
06 de Maio, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Non pode ser máis positivo o balance do oitavo aniversario da creación en Ferrolterra do Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos. Levaron moito traballo para organizar a festa, que contou coa participación de arredor de 150 persoas, entre usuarios do grupo, compañeiros chegados de distintos lugares de España, familiares e autoridades.

ESCOITA O PODCAST:

“Orgulloso de como saíu, dos meus compañeiros e de pertencer a isto”, é o balance que fai Miguel. “Moi emocionada e orgullosa” estivo Mariel, que se sentiu moi arroupada durante o evento e pensa que foi a demostración de que hai unha saída “o programa funciona”. Pagaron a pena o traballo e o estres previos á reunión celebrada o sábado 27 de abril. Gozando, con música e comida e sen gota de alcohol. Así transcorreu esta xornada de convivencia que celebrou os oito anos de existencia do Grupo e sobre todo, a esperanza que atopan nel as persoas enfermas alcohólicas. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora