As festas de San Xurxo están no ar

As festas de San Xurxo están no ar
16 de Marzo, 2020 - 12:45 h. | Publicada por Radio Fene

A parroquia de Magalofes vive coa incógnita das festas patronais de abril.

ESCOITA O PODCAST:

A pregunta que se fai a parroquia de Magalofes é se este ano terán festas patronais. O San Xurxo celebrase arredor do 23 de abril. De momento suspendeuse a cea prevista para o dia 28 de marzo que se organizara co fin de recadar fondos precisamente para a festa do patrón. A A VV de Magalofes ten todo programado, en palabras do presidente da entidade veciñal, pero se esta situación de alarma se prolonga por moito tempo, habería que suspender a festa. Agardarán os quince dias que en principio dura esta situación especial. De non solventarse, haberá que anular todo.

O local veciñal co seu ambigú permanecen pechados como é lóxico. Os veciños e veciñas de Magalofes teñen todos un anaco de horta para distraerse pero, segundo declaraba Manuel Pico a Radio Fene, non lles consola esta vantaxe, non é suficiente para compensar o mal que o están pasando. E iso que so vai un dia de confinamento. "Hai que ir buscando cousas que facer" conclúe Pico.

Sociedade

Publica o teu comentario agora