Festas patronais en Barallobre

Festas patronais en Barallobre
26 de Xullo, 2023 - 09:47 h. | Publicada por Radio Fene

A verbena da última xornada das festas patronais de Barallobre comezará ás dez e media desta noite. Estará amenizada polo grupo Pasión e pola Orquestra Furia Joven.

Fotografia Xan Xe

Mércores, 26, festa na honra da virxe do Carme. Con procesión a partir das dez e media da mañá. Sairá da igrexa ata o peirao acompañada dunha banda, para iniciar o percorrido pola ría en lanchas que chegarán a Navantia Fene Rematada a procesión terá lugar a tradicional misa. Ás dúas, exhibición de foguetes de artificio que irán seguidos dunha actuación do grupo Pasión de Narón.

 

Imaxe: Campo da festa de Barallobre en Fene

Fotografía Xan XE

Institucional

Publica o teu comentario agora