Festexos en honra a San Gabriel

Festexos en honra a San Gabriel

26 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Este venres e sábado, 29 e 30 de abril, celébranse as festas de San Gabriel en Mieites (Cures). O arranque dos festexos será o venres, ás dez da noite, coa degustación de pinchos morunos. De seguido, tocará a orquestra “Triunfo”. No descanso haberá unha actuación de conta chistes.

As dianas e alboradas, a cargo do grupo “Arume” de Boiro, darán o pistoletazo de saída dos actos previstos para o sábado. Ás doce e media oficiarase unha misa solemne na honra de San Gabriel. Unha hora e media máis tarde chegará a sesión vermú co grupo “Arume” e o grupo “Os da boina”. Haberá empanadas, tortilla e chourizos criollos, así como gran mexilloada doada polo establecemento “A batea de Juan”. 

Xa ás seis da tarde non faltarán os xogos populares con agasallos para os cativos. Para rematar os festexos, ás dez e media, comezará a verbena arrufada pola orquestra “Filadelphia”. No descanso, actuará o Mago Alan, haberá sorteos e, como broche de ouro, unha queimada.

Sociedade