A fibromialxia doenza invisible

A fibromialxia, doenza invisible e incomprendida
08 de Maio, 2019 - 01:52 h. | Publicada por Radio Fene

O Día Mundial da Fibromialxia, a chamada doenza invisible, conmemorase o vindeiro domingo 12 de maio. As persoas que a padecen non saben como explicar o que lles pasa, nen antes nen despois do diagnóstico. E os que os rodean tampouco comprenden nada. A investigación da fibromialxia e escasa e a doenza desespera a quen a padece. O doutor Miguel de Santiago declarou en Radio Fene que a dór no pescozo, nos ombreiros, nos xeonllos son os principais síntomas da enfermidade. “A dór en moitas ocasións é incapacitante” apunta o facultativo.

ESCOITA O PODCAST:
Tatty Lavandeira, Bibiana Pérez, Miguel de Santiago, Mercedes Aller e Ramón Suárez

“É unha enfermidade invisible e incomprendida” afirma a presidenta da Asociación de Fibromialxia da Coruña Bibiana Pérez. “Temos que aprender a convivir coa dór todo o dia” declarou unha das persoas afectadas pola fibromialxia, Mercedes Aller.

A maioría das persoas que padecen fibromialxia son mulleres, cinco por cada home. Aparece a doenza entre os 20 e 50 anos. Nalgunhas comunidades autoónomas existen centros cun coordenador desta doenza, pero en Galicia non é así. A necesidade de investir en Investigación é unha das reclamacións que as asociacións de enfermas/os fan diante do Dia Mundial da Fibromialxia, o 12 de maio.

Sociedade

Publica o teu comentario agora