A fidelidade da maragota

A fidelidade da maragota
25 de Outubro, 2019 - 09:00 h. | Publicada por Radio Burela

A maragota é un peixe común que pertence á familia dos lábridos. Tamén lle chaman busiña ou bicudo polos seus beizos prominentes, de cor acastañada, antigamente non moi prezada na cociña. Os machos alcanzan os sesenta centímetros de lonxitude. As femias, corenta centímetros. É un peixe hermafrodita e sedentario. O macho situase nun territorio pequeno, nunha ou dúas rochas próximas. As femias poñen os ovos nesa zona. Despois da liberación do ovo e a fertilización por parte do macho realízase un labor de protección, afastando posibles depredadores. Hai unha forte fidelidade da maragota ao territorio reprodutivo.

Maragota na praza de Ferrol

O mellor é probar a maragota a través deste guiso:

Limpar os peixes e partilos en dous. Salgar, enfariñar e fritir un pouco. Cocemos as patacas, cenorias, e un puñado de chícharos. Dourar unha cebola en aros e un pemento en tiras, dous tomates sen pel e un dente de allo. Montamos o guiso abocando a fritada na tarteira, un vaso de viño e azafrán. Deixar cocer. Cando estea a pataca, engadir o peixe. E bo proveito, desexa Fausto Galdo no Abecedario das Mantenzas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora