Filla de pais incógnitos

Filla de pais incógnitos

22 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"O 24 de febreiro de 1837, María Francisca Martínez,  veciña de San Xoan do Campo, foi madriña dunha nena que bauticei solemnemente e á que puxen os santos óleos, chamándolle María Rosalía Rita, filla de pais incógnitos, cuia nena levou a madriña, e vai sen número, por non ter pasado á inclusa”. Reza así a partida de nacemento de Rosalía de Castro, a meirande figura das letras galegas.

A súa nai foi María Teresa de Castro e Abadía, pertencente a unha familia fidalga ainda que de escasos recursos económicos. No momento de dar a luz a Rosalía ten trinta e tres anos de idade. O seu pai,  foi o sacerdote José Martínez Viojo, abade da colexiata de Iria Flavia, que contaba con trinta e nove anos.

Xa que logo, este venres cúmprense os 175 anos do nacemento de Rosalía de Castro, a figura máis senlleira da poesía galega do século XIX. O grupo de teatro da Sociedade Medulio conmemorará a data cunha escenificación de poemas de Rosalía. Terá lugar este venres 24, ás 8,15 da tarde no Centro cultural Torrente Ballester de Ferrol.

Sociedade