A filloa endozará Muimenta este primeiro de maio

A filloa endozará Muimenta este primeiro de maio

27 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Un produto tan galego como sinxelo de facer, de preparar e, por suposto, de comer como a filloa será o protagonista da fin de semana gastronómica na Terra Chá. Por decimoitavo ano a Festa da Filloa de Muimenta, en Cospeito, declarada Festa de Interese Turístico, satisfará aos mais larpeiros da casa e porá á súa disposición mais de 17.000 unidades deste postre de gran tradición na zona. Pero non será o único aliment

O alcalde de Cospeito, Armando Castosa, foi o encargado de presentar este evento, “o terceiro en menos dun mes” tras a Moexmu e a Feira da Maquinaria usada. O edil chairego referiuse á coincidencia co día dos traballadores cando indicou que “é o mellor día para desfrutar do xantar dunha boa filloa, ideal para repoñer forzas despois dunha xornada de traballo, porque é o que se celebra no primeiro de maio, o traballo de xente coma os veciños de Muimenta”. Para Castosa é fundamental o seu recoñecemento como Feira de Interese Turístico para a súa promoción e convidou aos organizadores e forzas políticas a “seguir con esta labor para que sexa unha realidade por moito mais tempo”.

 

Mais de 200 persoas, encabezadas pola propia comisión organizadora da Moexmu, son os encargados de amortizar un orzamento de 35.000 euros para que todos os visitantes poidan degustar tan selleiro produto. Pero os que acudan a Muimenta non atoparán só comida, senón que haberá espazo para os stands de artesanía tradicional, expositores de xoguetes antigos, obradoiros de construccións de xoguetes e instrumentos musicais, así como xogos populares e outro dos produtos estrela da bisbarra, o queixo de San Simón.

 

Así, o programa dará comezo o propio 1 de maio coa entrada dos 75 filloeiros e os artesáns contra as 9 da mañá, dúas horas mais tarde o farán os 25 churrasqueiros para comezar a súa tarefa. O grupo de gaitas “Entre lusco e fusco” amenizará a xornada antes de que, sobre as 13.00 horas, se faga a inauguración oficial por parte das autoridades oficias, arestora por determinar aínda que Armando Castosa non descartou que incluso puidese achegarse por Cospeito o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. A que si estará dando o pregón será a periodista de Muimenta Mayte Corbelle. Depois entregaranse os premios do X Certame de Relato e Debuxo antes de ir xantar. Pola tarde será a quenda de xogos populares como os birlos (bolos), as chaves, nas súas catro modalidades, e a billarda. Por último, finalizarase cun sorteo dun lote de artesanía.

Sociedade