A fin de semana acollerá a XIX edición da Feira da Maquinaria Usada e de Artesanía de Cospeito

A fin de semana acollerá a XIX edición da Feira da Maquinaria Usada e de Artesanía de Cospeito

23 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A XIX Edición da Feira da Maquinaria Usada e de Artesanía de Cospeito terá unha participación récord, xa que serán 105 os stands que se instalarán nos 40.000 metros cadrados da feira. Os postos estarán divididos entre os 35 dedicados á maquinaria agrícola, os 50 da artesanía e os 20 de antigüidades. Este evento, un dos principais do sector agrogandeiro da Terra Chá, celebrarase durante toda

A principal actividade da Feira, a venda de maquinaria, tanto nova coma usada, ocupará a maior parte do espazo exterior. A cincuentena de postos dedicados á artesanía posicionaranse nun sitio cuberto especialmente habilitado para eles, mentres que os que queiran mercar ou ver antigüidades, que acoden a Cospeito desde hai catro anos, deberán visitar o pavillón municipal.

Pero non só terán cabida os expositores profesionais vidos de toda Galicia, Asturias ou León, xa que desde o Concello se habilitará unha das rúas da vila, a Rúa Curros Enríquez, para que os particulares que dispoñan de maquinaria que queiran traspasar poidan facelo. Sen embargo, non deberán obter o permiso pertinente, polo que é preciso que se poñan en contacto coa Casa Consistorial para poder facer as súas transaccións durante o sábado e o domingo.

Unha das grandes novidades desta edición, tal e como dixo o alcalde de Cospeito, Armando Castosa, será a súa retransmisión por internet, a través da súa páxina web, www.concellocospeito.com. Dúas cámaras, unha fixa e outra móbil, serán as encargadas de transmitir as actividades que se desenrolen no recinto e no pavillón durante toda a fin de semana.

Pero aqueles que desexen evitar o ciberespacio e ver este evento por si mesmos poderán desfrutar dos obradoiros en vivo de cera e de vidro no recinto da mostra de artesanía, da música da charanga de Neda, do espectáculo de maxia do sábado pola tarde ou da exhibición de aeromodelismo do domingo pola mañá no lugar de A Espiñeira. Ademais, tamén haberá espazo para os postos ambulantes de comida ou doutro tipo de artigos.

Sociedade