Fina Casalderrey e Guillerme Carballeira na revista oral de Lugo

Fina Casalderrey e Guillerme Carballeira na revista oral de Lugo

22 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O gaiteiro de Lugo 2011 protagonizará unha nova edición da revista oral O Pazo das Musas, organizada pola rede museística da Deputación para o xoves dia 30 de decembro. Antonio Reigosa coordena esta actividade que contará coa amenización do grupo Músicas do Mundo.

O xoves, 30 de decembro de 2010, ás 20.00 horas, vaise desenvolver no Refectorio do Museo Provincial de Lugo o nº 24 desta revista oral. Para esta ocasión contaremos coa participación de Fina Casalderrey, María Quiroga, Fernando Arribas, Antonio Reigosa, Aurelia Balseiro e Guillerme Carballeira que lerá o “Xuízo do Ano 2011”, texto da súa autoría incluido en “O gaiteiro de Lugo 2011”.

A parte musical corre a cargo de Músicas do mundo: Abraham Cupeiro, María Ruíz, Xan Durán e Vadzim Yuchknevich. E aínda máis; no Refectorio, na sala onde se desenvolve este nº da revista oral poderemos contemplar e ver como soan algúns instrumentos antigos da mostra “Mvsevm Mvsicvm”, colección de Abraham Cupeiro e María Ruíz.

SUMARIO, Nº 24
Xoves, 30 de decembro de 2010. Revista oral de periodicidade trimestral, editada polo Museo Provincial de Lugo (Rede Museística da Deputación de Lugo). Hora: 20 horas. Lugar: Refectorio do Museo Provincial. Duración aprox.: 1:30 h. Deseño gráfico e animación dixital: tatata. Coordina: Antonio Reigosa.

SUMARIO
Portada musical
Tema: Canarios (Renacemento) / Intérpretes: Músicas do mundo (Abraham Cupeiro, María Ruíz, Xan Durán e Vadzim Yuchknevich) (3’)
Claustro do MPLugo
No LXXX aniversario da Declaración de BIC do claustro de San Francisco, por Fernando Arribas Arias (10’)
Música
Tema: Loillet de Gant (Barroco) /
Intérpretes: Músicas do mundo (Abraham Cupeiro, María Ruíz, Xan Durán e Vadzim Yuchknevich) (3’)
Lectura
Sangue de gato negro (I), por Fina Casalderrey (7’)
Música
Tema: Danza Turca (Are Arábica)/ Intérpretes: Músicas do mundo (Abraham Cupeiro, María Ruíz, Xan Durán e Vadzim Yuchknevich) (3’)
Museo do Prado: Os depósitos no MPLugo
Carlos de Haes e o paisaxismo, por María Quiroga Figueroa (10’)
Música
Tema: Unha volta por Irlanda (Irlanda) / Intérpretes: Músicas do mundo (Abraham Cupeiro, María Ruíz, Xan Durán e Vadzim Yuchknevich) (3’)
Lectura
Sangue de gato negro (II), por Fina Casalderrey (7’)
Música
Tema: Obivlión (Arxentina) Intérpretes: Músicas do mundo : Abraham Cupeiro, María Ruíz, Xan Durán e Vadzim Yuchknevich (3’)
Nubeiros
A obra “Tormenta de Verán” de Ramón Conde e a súa relación coa mitoloxía popular galega, por Antonio Reigosa Carreiras (10’)
Música
Tema: Fou Rire (Francia) / Intérpretes: Músicas do mundo (Abraham Cupeiro, María Ruíz, Xan Durán e Vadzim Yuchknevich) (3’)
Lectura
Sangue de gato negro (e III), por Fina Casalderrey (7’)
Música
Tema: Down Down the River Side (EE.UU) / Intérpretes: Músicas do mundo : Músicas do mundo (Abraham Cupeiro, María Ruíz, Xan Durán e Vadzim Yuchknevich) (3’)
Amigo/a invisible temático: Libros sobre literatura e arte
Os asistentes que desexen participar activamente neste xogo poden traer algún libro que se depositará nun saco. Logo, a tentas, recollerán outro en agasallo como regalo dun “amigo/a invisible”. O Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo contribuirá a este entretemento agasallando aos asistentes cun exemplar de “O gaiteiro de Lugo 2011” e coa lectura polo autor, Guillerme Carballeira, do Xuízo do Ano 2011 (10’)
Opinión
Intervención do público. Entrega de diplomas aos amigos/as da revista (3’)
Epílogo
por Aurelia Balseiro, directora do MPLugo (3’)
Contraportada musical
Tema: A miña burriña (Galicia) / Intérpretes: Músicas do mundo (Abraham Cupeiro, María Ruíz, Xan Durán e Vadzim Yuchknevich) (3’)

COLABORAN NESTE NÚMERO
Fernando Arribas Arias
Profesor de EXB e licenciado en Humanidades, traballa como Técnico de Difusión no Museo Provincial de Lugo. Etnógrafo e historiador de cine, leva publicados diversos libros e artigos sobre a sétima arte en Lugo e sobre os cruceiros da Terra Chá. Conferenciante e investigador, actualmente prepara a súa tese de doutoramento sobre os cruceiros galegos. Membro da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico-Artístico de Lugo en representación do Consello da Cultura Galega.

Fina Casalderrey
Xeve 1951 (Pontevedra). Mestra. Ademais de LIX, ten publicacións relacionadas coa investigación etnográfica: O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia, Repostería en Galicia. Colabora en prensa, revistas especializadas e diversos eventos literarios. Autora de máis de cincuenta libros. Traducida ao castelán, catalán, euskera, valenciano, asturiano, aragonés, portugués, brasileiro, coreano, italiano, francés e inglés. No 1996 acadou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Outros Premios: Premio Puro Cora 2001 e I Premio Fernández del Riego 2003, por sendos artigos xornalísticos; Merlín, 1991, por Dúas bágoas por Máquina; Barco de Vapor, 1994, por O misterio dos fillos de Lúa; Edebé, 1995, por O estanque dos parrulos pobres; “Premio Lecturas” 2001, por O misterio do cemiterio vello; Benito Soto, 2003, por A filla das ondas; The White Ravens por Prohibido casar, papá!, 1998 e Quen me quere adoptar?, 2006. Recibe o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 1996, por O misterio dos fillos de Lúa, e pola súa traxectoria literaria recibe o Premio Cidade de Pontevedra, 1996. Premio “Autora do ano”da Federación de Libreiros de Galicia, 2007. Premio Ramón Cabanillas 2008, pola agrupación de libreiros de Cambados pola súa traxectoria literaria. Autora homenaxeada no X Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 2009. Premio Frei Martín Sarmiento por A lagoa das nenas mudas, 2009. Candidata española, proposta pola OEPLI, ao premio ASTRID LINDGREN 2010. Finalista para o premio Hache 2010

Músicas do mundo
O concerto que imos escoitar está explícitamente deseñado para a revista oral deste día. María Ruíz e Abraham Cupeiro mostrarannos diferentes sonoridades achegándonos a lugares do mundo a través da música. Para este concerto contan con dous músicos de gran nivel: Xan Durán, compañeiro de Abraham Cupeiro desde hai ben anos e que se ocupará da sección de cordas tocando diferentes instrumentos desta familia que se atopan na propia colección que aquí se mostra. Por outra banda, contan coa participación dun músico moi coñecido na cidade de Lugo, aínda que a procedencia é de ben lonxe (Minks). Falamos de Vadzim Yuchknevich que acoplará o son do seu acordeón tanto ás cordas de Xan Durán como ó discurso sonoro dos instrumentos de vento que farán soar María Ruíz e Abraham Cupeiro.

María Quiroga
Lugo, 1969. Licenciada en Xeografía e Historia, Sección de Arte, Especialidade de Museoloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1992 traballo no Museo Provincial de Lugo como Técnico de Actividades Socioculturais, desenvolvendo labores de inventariado e catalogación na Sección de Belas Artes do museo e comisaria da mostra "Museo do Prado. Os depósitos no Museo Provincial de Lugo" que se pode visitar na Sala de Exposicións do MPl ata o 13 de febreiro de 2011.

Antonio Reigosa
Zoñán, Mondoñedo, 1958. Responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística da Deputación de Lugo. Escritor e conferenciante, investiga e divulga mitoloxía popular e literatura oral en diversos medios. Cofundador do Grupo de Investigación Etnográfica Chaira (1992), creador da enciclopedia virtual Galicia Encantada (www.galiciaencantada.com). Ideou novos formatos para a difusión cultural como as revistas orais “O pazo das musas” e “A voz dos carraos”, ou as “Polafías”, no caso da cultura e a literatura de tradición oral, un proxecto da AELG para representar literatura oral en vivo e a través de internet. É coautor con X. Miranda e Xoán R. Cuba de Dicionario dos seres míticos galegos (1999), Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral (2001), Pequena mitoloxía de Galicia (2001) e dos 20 tomos da colección de contos de tradición oral de Galicia Cabalo Buligán (1998-2004). Con Xosé Miranda escribiu Cando os animais falaban. Cen historias daquel tempo (2002), Arrepíos e outros medos. Historias galegas de fantasmas e de terror (2004) e A flor da auga. Historias de encantos, mouros, serpes e cidades mergulladas (2006). Narrativa infantil e xuvenil: Memorias dun raposo, (Premio Merlín, 1998), Resalgario (Premio Raíña Lupa, 2001), O galo avisado e o raposo trampulleiro (2003), Bacoriño (2004), A noite dos pesadelos (2006), A escola de Briador (2006), O polimacho e outras criaturas (2008), Os dous irmáns e outros contos populares do antigo Exipto (2008), Lu e Go pola muralla (2010) e o álbum Guía ilustrada da Galicia invisible (2010) con ilustracións de Noemí López.
_________________________________.
No Refectorio, sala onde se desenvolve este nº da revista oral exponse a mostra de instrumentos antigos “Mvsevm Mvsicvm”, colección de Abraham Cupeiro e María Ruíz.

Sociedade