ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O VII Curso da Arte Galega no Museo Provincial de Lugo toca ao seu fin. A última xornada comezará sobre as 10.30 horas coa charla da profesora-doutora titular da Universidade de Oviedo, Yayoi Kawamura, que aportará a súa visión sobre a pratería na Mariña Lucense.
A continuación tomará o relevo o ex reitor da Universidade de Santiago de Compostela e actual presidente do Consello da Cutura Galega, Ramón Villares, para desenrolar a súa conferencia “Galicia: do Barroco ao Neoclasicismo”. O evento finalizará co recoñecemento aos alumnos que formalizaron esta formación coa entrega dos diplomas acreditativos.
Este curso tivo lugar durante toda a semana no Museo Provincial e está organizado pola Deputación de Lugo. Nel tocáronse temas como a iconografía e a pintura na Galicia dos mosteiros, ou diversos aspectos artísticos e históricos do Barroco galego e lucense.