Fixan o aforo da catedral de Santiago en 1.650 persoas

Fixan o aforo da catedral de Santiago en 1.650 persoas

09 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O alcalde de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, anunciou hoxe que a Catedral de Santiago terá un aforo limitado para 1.650 persoas despois da comprobación que se realizou durante a Semana Santa no marco do plan de seguridade do Xacobeo 2010. Neste sentido, o templo compostelán recibiu a un total de 64.711 persoas entre o xoves e o domingo de Semana Santa. En concreto o día de maior afluencia na Semana Santa foi o do Venres Santo, 2 abril, no que 20.232 visitant

Desta maneira, Bugallo, indicou que o momento no que máis xente accedeu ao tempo na Semana Santa foi ás 13h03 do domingo 4 de abril, con 1.592.

Sánchez Bugallo fixo destacou que se o tempo acompañara a ocupación hoteleira en Santiago durante a Semana Santa “tería estado no cento por cento”. O aforo agora fixado representa unha ampliación respecto ás previsións iniciais. A mediados de marzo marcárase en 1.200 o tope de persoas que poden acceder de xeito simultáneo á catedral. Tras as visitas realizadas na Semana Santa, agora a subdelegación do Goberno, o cabildo e o Concello fixan o novo límite.

Sociedade