ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Fixo un butrón”. Dese xeito tan gráfico describiu un veciño, os danos provocados polo tronco caído dun camión no peche dunha vivenda da estrada da Palma en Barallobre. Unha empresa especializada traballaba esta mañá na reposición do muro.
O vehículo pesado cargado de madeira perdeu parte da súa carga arredor das tres da tarde de onte á altura dos números 111 e 112 da estrada da Palma, no lugar do Piqueiro en Barallobre. Os troncos esnaquizaron os peches de dúas vivendas, dous báculos do alumeado público e outro de sinalización. A Policía local desprazouse á zona e regulou a circulación ata as seis da tarde, hora na que a calzada xa quedou totalmente limpa. Neste punto da estrada da Palma téñense producido diferentes accidentes de tráfico nos últimos anos.
Publica o teu comentario agora