A folga das mulleres

Galegas 8M aglutina a todas as mulleres coa vista posta na folga do 8 de marzo.
11 de Febreiro, 2019 - 10:30 h. | Publicada por Radio Fene

Galegas 8M ponse a traballar en todas as comarcas galegas con asembleas abertas e puntos de traballo, abertos tamén, preparando a folga do 8 de marzo e antes a manifestación nacional que este ano será en Lugo.

Galegas 8M ponse a traballar coa vista posta na manifestación do 3 de marzo en Lugo e na Folga do 8 de marzo. Folga laboral, estudantil, de coidados e de consumo que repite as pautas do ano pasado. Unha convocatoria aberta reúne a un número importante de mulleres en todas as comarcas galegas para fabricar faixas, facer pegadas de carteis, etc, nunha campaña que finaliza o 8 de marzo. Tras un intenso traballo por fin presentouse oficialmente a nova imaxe de Galegas 8M para este 2019. Por unha banda, renovaron a web ao 100%, e nela atopamos toda a información sobre o 8 de marzo na nosa terra- galegas8m.gal-

Ademais xa está a nova imaxe gráfica que comezaremos a ver polas rúas en breve. Sen perder de vista o mandil convertido en símbolo o ano pasado, optouse esta vez por amosar a interseccionalidade da loita, que abrangue todos os eidos da vida social e persoal e todas as realidades como mulleres diversas pero unidas na mesma revolta feminista.

En Ferrolterra, un número importante de mulleres pónse a traballar dende hoxe no barrio de Caranza, centro de operacións, nas tarefas necesarias previas ás movilizacións que se aveciñan.

Cinema feminista

Un ciclo de cinema feminista arranca tamén no Ateneo ferrolán desde o 19 de febreiro ata o 2 de abril. As películas proxectaranse todas sempre os martes ás 18,30h . O martes 19 de febreiro, veremos “Sufraxistas” protagonizada por Meril Strrep e dirixida por Sarah Gavron en 2015. O martes 26 “Figuras ocultas”, conta a historia dunha matemática afroamericana. O ciclo continúa o 12 de marzo con “Ni Dios, ni patrón, ni marido” unha pelicula arxentina dirixida por Laura Maña. O 26 de marzo proxéctase “Antonia” film holandás de 1995 escrita e dirixida por Marleen Gorris e,o 2 de abril, “Techo y comida” conta ahistoria de Rocío, unha xove nai solteira que se busca a vida para sacar adiante ao seu fillo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora