Folga de 24 horas no sector do telemarketing

Folga de 24 horas no sector do telemarketing

30 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Comisions Obreiras (CCOO) e a Unión Xeral de Traballadores (U.G.T.) convocaron para mañá venres unha concentración –manifestación no Obelisco do Cantón Grande en A Coruña ás 12:30 horas coincidindo coa folga de 24 horas convocada no sector do telemarketing para denunciar a situación de bloqueo na que se atopa a negociación do V convenio del Contact Center (Telemarketing).

Á grave situación na que se atopa a negociación do Convenio Colectivo a patronal engade o continuo desvío de carga de traballo a outros paises en Sudamérica e países do leste de Europa como poden ser Chile, Colombia e Rumanía, sinalan dende Comisións Obtreiras. “Todo isto fano coa complicidade dos clientes que contratan o seu servicio. Clientes coma Gas Natural Fenosa, Iberdrola, Endesa, Telefónica, Movistar, Orange, Vodafone, R cable, televisión e Internet, Novacaixagalicia, Banco Pastor, Banco Santander, Aon, etc”

O persoal que traballa no telemarketing non están dispostos a permitir que continúen con esta “sangría de traballo” nin a permitir que “esta patronal que actúa de xeito miserable xogue coas nosas vidas”.

CCOO opina que o sector do Contact Center está sometido a unhas condicions laborais de mínimos con uns dos maiores índices de precariedade laboral no mercado e con unha ausencia total de formación e profesionalización no sector.

“Atopámonos cunha patronal noxenta, que ten o único fin de profundizar na precariadade laboral pretendendo os ERE´s Express, ademáis de negárense a unha subida salarial mínima como debe ser a do IPC”, declaran.

Sociedade