Folga de fame e caravana de camións para parar o decreto da minaría

Folga de fame e caravana de camións para parar o decreto da minaría

18 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

A marcha negra continúa. Farao motorizada e chegará até Madrid. É a decisión adoptada por unha asemblea de transportistas de carbón, traballadores das centrais térmicas das Pontes e Cerceda e políticos deses dous concellos esta mesma tarde. Un cento de camións sairán dende Galicia o xoves pola noite para chegar o venres pola mañá fronte á sede do Ministerio de Industria, na capital do Estado, e reclamar compensaci&oac

A última vez que atendera ás Emisoras Municipais Galegas, o representante da CIG na central de Endesa nas Pontes e ex deputado no Parlamento, Fernando Branco, avisábanos de que, consonte pasasen os días sen resposta por parto do Ministerio, levarían a cabo mobilizacións máis potentes. Entón non cabía que canda o seu compañeiro no sindicato, Alberto Amado, fose iniciar unha folga de fame que manteñen nunha caravana aparcada fronte ao consistorio pontés e que cumpre xa a súa terceira xornada. Esta mañá pasaron un chequeo médico que deu resultado satisfactorio.

Sociedade