A folga do profesorado notouse no primeiro dia do curso

Non é certa a noticia dun positivo no IES de Fene. A dirección desmentiuno.
23 de Setembro, 2020 - 11:57 h. | Publicada por Radio Fene

Arranca o novo curso escolar no IES de Fene con folga do profesorado e parte do alumnado. No primeiro dos tres dias que durará o acceso ordenado do alumnado ao centro de Barallobre, xa se dixo nalgún medio de comunicación que había un positivo en Covid19, cousa que desminte totalmente a dirección do centro.

Hoxe arrancou o curso escolar no IES de Fene, despois dunha semana de retraso con respecto á primeira data prevista. Entre o xoves e o venres completarase a entrada do alumnado ao centro. Empezou o curso 2020-2021 con folga do profesorado á que se uniu parte do alumnado, convocado polo sindicato de estudantes. Segundo nos informa a directora do centro, esta situación fixo que se deran a metade das clases previstas hoxe, na outra metade atendeu as aulas o profesorado de garda. Margarita Suárez Caínzos desmentiu a Radio Fene o bulo que circula por algún medio de comunicación de que había un positivo de Covid no instituto de Barallobre. “Aínda non empezaramos as clases e xa se informou de algo que non é certo”.

En palabras da directora, o profesor novo que agardaban no IES de Fene, non o mandaron, así que vénse na obriga de seguir o decreto emitido o pasado dia 16 polo que, en caso de non poder manter o metro e medio de distancia entre o alumnado, haberá que colocar mamparas nas mesas. De momento non fixo falta a non ser na aula de informática, segundo Margarita Suárez, quen lembra que habilitaron outros espazos como aulas para poder respectar a ratio. A última hora recibiron novas matrículas en bacharelato e se fixera falta aínda poden botar man de parte do salón de actos. Houbo cambios na distribución das aulas para respectar a ratio recomendada. Por este motivo, no centro fenés, as aulas de 1º de bacharelato están no edificio de FP, 1º A no segundo andar e 1ºB no primeiro andar.

Tamén se elaborou un esquema de recreos para evitar no máximo posible os contactos entre diferentes grupos. Sairán nestes dous bloques; 1º e-3º ESO e 1º de ba-charelato e 2ºESO - 4º ESO e 2º Bacharelato. O alumnado de ciclos medios terá un recreo de 50 minutos en tres franxas do horario, entre as 10:00 e as 12:30 horas. O alumnado de FP Básica terá un primeiro recreo de 10:05 a 10: 25 e outro de 11:15 a 11:40 horas.

Hoxe 23 de setembro incorporáronse ao IES de Barallobre o alumnado de 1º e 2º de ESO, 1º de Bacharelato e 1º de FP de grao medio.

Este é o esquema previsto para culminar o proceso:

-24 de setembro incorporarase o alumnado de 3º de ESO, 2º curso de Bacharelato e 2º de FPl de grao medio e de Modular

- 25 de setembro incorporarase o alumnado de 4º de ESO e de FP Básica.

O alumnado debe acudir ao centro no horario habitual, de 8:25 a 14:05 horas. A entrada ao centro terá lugar de forma escalonada, entra as 8:10 e 8:20 segundo vaian chegando en bus, ou en quendas andando ou en veículo particular. Na aula estará o docente agardándoos. O desprazamento ata a aula debe realizarse mantendo sempre a distancia interpersoal de 1,5 metros. O alumnado de FP entrará polas portas do edificio A, do edificio C ou dos talleres nos que se desenvolvan as clases. O alumnado de ESO entrará polo edificio de ESO. As saídas serán tamén escalonadas por grupos:

13:50: 1º ESO, 1º Bacharelato

13:55: 2ª e 3º ESO e 1º FP Basica

14:00 : 2º ESO, 2º Bacharelato e e 2º de FP Basica 14:05: Ciclos medios, agas quenes marchen en bus, que sairan ás 14:00

No centro fenés quedan aínda prazas vacantes nos ciclos medios en réxime ordinario (CM) e para persoas adultas (ZM): CM Mantemento Electromecánico - CM Instala-cións frigoríficas e climatización- CM Electromecánica de Vehículos - CM Soldadura e Caldeiraría. ZM Instalacións de producción de calor  - ZM Mantemento Electrome-cánico. Unha vez  publicada a lista de solicitudes, continúa aberto aínda o prazo de matrícula.

 

(Na imaxe, primeiro dia de curso no IES Fene hai dous anos, cando todo era normal)

Cultura

Publica o teu comentario agora