Folga no Ensino público de Fene . Sobran razóns.

Folga no Ensino público de Fene . Sobran razóns.

09 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Hoxe 9 de maio é dia de folga xeral no Ensino público. Os datos que vimos de coñecer son significativos do que pensa a comunidade educativa sobre a LOMCE que pretende aprobar o goberno central e que queren frear alumnos e profesores en primeira instancia. En Fene o 90% do alumnados ecundou a folga mentras que foi dun 60% o respaldo do profesorado. Destaca tamén a adhesión de pais e nais, non enviando aos pequenos a clase, sobretodo nos niveis inferiores, de primaria. D

Datos facilitados dende os centros escolares de Fene. Un 90% do alumnado e un 60% de profesores dos colexios públicos de Fene apoiaron hoxe a Folga, e non acudiron aos centros escolares.

O Instituto de Barallobre rexistrou que un 20% do profesorado secundou a folga, mentres que entre o alumnado case a totalidade participou no paro.

No colexio do Ramo de Barallobre só asistiron 3 profesores a impartir clase dos 14 que ten o centro. En canto alumnos soamente un neno asistiu as clases de todo o colexio.

Nos Casais de Maniños soamente había 1 profesor e 1 alumno en todo o colexio esta mañá, debemos suliñar que ese único profesor estaba en servizos mínimos polo que se pode dicir que practicamente o 100% do colexio dos Casais secundou o chamamento á folga.

No colexio de Centieiras de Perlío algo máis da metade dos profesores deixaron de asistir hoxe ás clases por motivo da folga, o mesmo que fixo o 96% do alumnado.

No colexio da Xunqueira  secundaron a folga entre un 30 e un 35% dos profesores de primaria e secundaria. Mentras que entre o alumnado de infantil e primaria, respondeu ao paro o 90% . A porcentaxe de rapaces de secundaria que non asistíu a clase é lixeiramente inferior, do 85% .

O Consello Escolar Municipal do Concello de As Pontes manifestou unanimemente o seu respaldo á xornada de folga estudiantil en protesta pola Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) que pretende aplicar o Ministerio de Educación. Acordaron celebrar esta tarde, ás 18.00 horas, unha concentración diante da Casa do Concello solicitando a participación de toda a comunidade educativa e veciñanza en xeral.

Sociedade