Fomentando o dominio dos idiomas

A UDC retoma os cursos de línguas no primeiro cuatrimestre
10 de Setembro, 2020 - 01:35 h. | Publicada por Radio Fene

A oferta no campus de Ferrol para o curso 2020-2021 inclúe Alemán, Francés, Inglés, Portugués e Italiano.

Remata hoxe o prazo de inscrición nos cursos do primeiro cuadrimestre do Centro de Linguas da Universidade da Coruña. O alumnado pode escollelo dentro dunha gran oferta de cursos regulares e preparatorios para probas oficiais e beneficiarse dos novos prezos e da modalidade de pago fraccionado. A inscrición foi do 3 ao 10 de setembro e a matrícula exercerase entre o 10 e o 16 de setembro.

No Campus de Ferrol ofértanse Alemán, Francés, Inglés, Italiano e Portugués.

Alemán, impartido por Julia Carracedo, oferta o nivel de A2.2

Francés, impartido por Cristina Mandic, A2.1; B1.2 e B2.1

Inglés, impartido por Johanne Harrison, ofrece os niveis de B2.1 e C1.1 con clases semipresenciais.

Italiano, con Emiliana Tucci, oferta un curso específico para Xestión de Moda e outro de nivel A2.

Portugués, con Ana Gravata, A2 semipresencial.

Será necesasio acadar un mínimo de catro alumnos por curso para formar grupo. As clases impártense no edificio do Aulario en Esteiro a razón de entre 45 e 60 horas no total do cuatrimestre.

 

( Cristina Mandic, coordenadora do Centro de Línguas do campus ferrolán, con alumnas súas nunha imaxe de arquivo)

Cultura

Publica o teu comentario agora