Fontán: “Teño total e absoluta confianza na Xustiza”

Fontán: “Teño total e absoluta confianza na Xustiza”

19 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A presidenta da Asociación de afectados polo intrusismo médico, Esther Fontán, recibíu con "alivio e satisfacción" o auto de procesamento contra José Manuel López Pérez- Coté- As imputacións parécecenlle bastante axeitadas, segundo declaróu a Radio Fene. Agora abríuse o período duns días para presentar alegacións que despois deben estudar o xuiz e o fiscal antes de elaborar os infor

Segundo palabras de Esther Fontán, é dificil documentar as imputacións pola maneira tan intelixente que tiña Coté de actuar, deixándo o máis mínimo número de probas. Aínda así dous dos casos son clarísimos e un terceiro máis dificil de demostrar.

Para a presidenta da Asociación de afectados polo intrusismo médico-sanitario, que Coté mantivera aberta a consulta durante 15 anos débese a duas circunstáncias; que se producíu un erro clarísimo da Administración a todolos niveis, local, autonómica, corporativa, etc e que Coté tivo cómplices, por acción ou por omisión.

Esther Fontán afirma ter "total e absoluta confianza na Xustiza", a pesar de reveses como a posta en liberdade do imputado ou as denuncias que presentóu contra ela mesma. Seguramente, afirma Fontán, as penas que lle poñan a Coté pareceránlle insuficientes pero “que pague por todo o que fixo, xa é unha satisfacción”

Sociedade