A fonte de luz

A fonte de luz
18 de Setembro, 2019 - 12:38 h. | Publicada por Radio Fene

O pensador búlgaro Todorov, autor do libro A literatura en perigo, afirma que a pintura xa non é a fonte da beleza, senón a fonte de luz que a pon ao descuberto. Cun corazón limpo e san, pódese ver a beleza da vida, afirma a artista Chelo Facal. A vida pode ter luz, soamente precisa que nós a afrontemos con lucidez, indica a pintora.  

ESCOITA O PODCAST:
Chelo Facal, fonte de luz

Un mundo de luz, un mundo de cores. Chámase así a exposición de Chelo Facal. Poderá verse entre o 4 e o 29 de outubro no Ateneo Ferrolán, na rúa Magdalena, 202 de Ferrol. Chelo Facal pinta desde 1988. Tamén fai escultura. Artista multidisciplinar abre a mostra “Un mundo de luz, un mundo de cores”. A exposición con máis de corenta obras inaugurase no Ateneo Ferrolán o venres catro de outubro.

Cultura

Publica o teu comentario agora