A formación de público teatral

A formación de público teatral
17 de Abril, 2020 - 09:54 h. | Publicada por Radio Fene

Alfredo Osset dirixia o grupo Teatro Studio que se estreou en 1962 en Ferrol. Grazas ao decidido apoio do director do Instituto Victorino López, un fato de mozos e mozos levaron ao escenario algunhas pezas do mellor teatro que na época se escribía en todo o mundo. Bertold Brecht, Valle Inclán, Federico Garcia Lorca, e un longo etcétera

ESCOITA O PODCAST:
Vicky Taibo, unha das actrices de Teatro Studio

Teatro Studio de Ferrol participou en 1970 na III Semana de Teatro Xove da Coruña. Alí presentaron palestras sobre os Problemas do teatro galego e en torno a Literatura e Teatro Xesús Alonso Montero e Manuel Lourenzo. O Teatro Studio representou no salón de actos da Caixa de Aforros da Coruña na Ronda de Nelle un dobre espectáculo “Mac and Majorie” e “El poema del niño” de Eduardo Alonso, xove autor e membro do grupo. Dicía o xornal en setembro de 1970, o Teatro Studio ”leva a cabo un interesante labor experimental, non só no que atinxe a montaxe e interpretación, senón en canto promove un teatro inédito, ou ben crea, en equipo, os propios textos. Actúa frecuentemente no Instituto e no Teatro Xofre. Entre os espectáculos ofrecidos na presente temporada figuran: Las suplicantes, Estudio Hamlet, Gritos, etcétera. Na Coruña deuse a coñecer hai uns anos con “Ligazón” de Valle Inclán e “Historias del zoo” de Albee. No II Certame de Teatro Novo, onde foi abundantemente galardoado". Publicouse a crónica que asina Tino, en La Voz de Galicia o 24 de setembro de 1970.

 

TORREGROSA, JOSE Apuntes para la historia del Teatro Studio. Ferrol Análisis, número 16. Club de Prensa de Ferrol. 2001.

OTI, FRANCISCO. O novo teatro galego en Perlío. T. Vigo, 2018.

Cultura

Publica o teu comentario agora