Formación para saír do desemprego

Formación para saír do desemprego

04 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes ten aberto o prazo de inscrición para participar nun curso, promovido pola Rede Xiana da Deputación, sobre creación de empresas dirixido a desempregados. O proxecto ponse en marcha para axudar ás persoas beneficiarias participantes a transformar as súas ideas de empresa en proxectos reais, dándolles os coñecementos necesarios, así como orientación no proceso de elaboración do plan de empresa. Ademais fomentaranse inici

Os destinatarios deste curso, de carácter semipresencial e que conta cunha duración de 50 horas, son os demandantes de emprego coa tarxeta actualizada, maiores de 18 anos e empadronados no Concello de Ordes. 

O prazo para inscribirse no curso permanecerá aberto ata o 23 de xaneiro, debendo realizarse a inscrición na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Ordes, ubicada no 2º andar da Casa do Concello, lugar onde tamén se poderá recibir máis información ao respecto, ao igual que na web www.redexiana.org.

Esta actividade súmase á gran cantidade de iniciativas dirixidas a desempregados que durante o pasado ano 2010 levou a cabo o Concello de Ordes. Unhas iniciativas baseadas primordialmente na formación e que tiveron como obxectivo, tal e como explicou o alcalde, Manuel Regos, “dar aos desempregados unha ferramenta máis para facilitar a súa incorporación ao mercado laboral”.   

Nestes cursos, entre os que se encontraron un de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, outro de atención a enfermos de alzheimer, un de atención a dependentes, outro de cooperativismo, un sobre instalacións térmicas ou outro de socorrista acuático, participaron máis dun cento de ordenses. A isto sumouse ademais o obradoiro de emprego que formou a 26 desempregados nas especialidades de xardinería, albanelería e carpintería durante un ano, e que se clausurou o pasado mes de setembro.      

Sociedade