Formas de entender a natureza, a paisaxe, o corpo

Formas de entender a natureza, a paisaxe, o corpo

26 de Agosto, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Naturaleza Superviviente. Chámase así a exposición de pintura e fotografía que este venres se inaugura na Galería Sargadelos de Ferrol. Trátase dunha iniciativa a favor da Asociación de Transplantados de Médula ósea. “Son diferentes formas de entender a natureza, a paisaxe, o corpo” afirma a comisaria Laura Molero.

Un total de quince artistas colaboran coa súa obra. Son Suso Basterrechea, Leandro Lamas, Roberto Marín, Susana Bermejo, Galadriel Bravo, Mariano Luque, Gloria Barranco, Ana García, Ana Ferrer, Isabel Mateos, Laura Molero, Cecilia Barragán, Mariángeles Molina, Maricruz Reina e Isabel Rosado. A exposición inaugúrase este venres ás oito da tarde na Galería Sargadelos de Ferrol. Clausuraráse coa subasta das obras o luns sete de setembro, tamén ás oito da tarde

Cultura