Foron polo partido

Barallobre 2- Ortigueira 2
16 de Decembro, 2019 - 10:35 h. | Publicada por Radio Fene

O Barallobre foi polo encontro na segunda parte e remontar un 0-2 en contra.

ESCOITA O PODCAST:

Barallobre 2- Ortigueira 2. O partido viviu duas partes moi diferentes. A primeira moi igualada pero o visitante estivo máis acertado. Adiantouse o visitante cun gol de penalti e meteu o segundo cun balón longo. Así chegouse ao descanso co 0-2.

Na segunda parte, o Barallobre foi polo partido despois dunhas modificacións. Con toda a segunda parte por diante marcan o 2-1. Pola metade, Pena pon o empate no marcador. Pero non foron capaces de máis, en palabras do técnico Oscar Varela.

A próxima xornada o Barallobre recibe ao Vilarmaior, un equipo que non se lles da nada ben pero os do Ramo queren chegar ás vacacións do Nadal con sete puntos.

Deportes

Publica o teu comentario agora