A forza do vello Pote

A forza do vello Pote
03 de Abril, 2023 - 11:55 h. | Publicada por Radio Fene

Cristofer e Jaime marcaron para un Maniños B que continua sen coñecer a derrota nesta fase da Segunda Galicia de fútbol. Venceu ao Moeche por un tanteo de 2 a 1. O adestrador Michel Rodriguez quere agradecer ás colaboradoras Laura, Sabela e Carla que gravan todos os partidos en vídeo para o posterior análise do xogo. 

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe
Escoita aquí ao adestrador do Maniños B Michel Rodriguez
http://173.255.131.18/audio/030423RODRIGUEZ.mp3

Fotografía Xan Xe

Ao vello Pote aínda lle queda forza para soster ao xove equipo de Michel. "Ata o minuto final puido pasar calquera cousa" aclara o técnico. A próxima xornada o Maniños B visita Pontedeume para enfrontarse ao Eume B. O partido xogase o xoves ás 12 do mediodia. A afección do Maniños B deberá estar no campo da Gándara da vila  eumesa ás 11,30 da mañá, dado que ás 12 do mediodia hai convocada unha manifestación na glorieta da gasolineira en contra dos plans da Xunta de Galicia para as Fragas do Eume. 
 

Deportes

Publica o teu comentario agora