A fotógrafa Rosa Neutro busca...

A fotógrafa Rosa Neutro busca...

19 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Dentro do proxecto "Adriano, sesión contínua" traballa Rosa Neutro. A pontevedresa participará cun traballo acerca do material gráfico do cine; programas de man (prospectos, entradas, etc). A idea é recopilar coa súa cámara, material deste tipo que pertenza a películas proxectadas no cine de Barallobre. Segundo declara a artista, interesanlle sobre todo as "pegadas" que teña deixado o paso dos anos,

Os veciños e veciñas de Barallobre ou doutros lugares que posean algún destes recordos, poden dirixirse a Radio Fene ou aos locais de Barallobre designados pola autora para deixar retratar a Rosa Neutro o material que será devolto oas propietarios.

Festado a prol do Cine Adriano

Actores e actrices "recoñecibles" asistirán o sabado 20 aunha Festa do cine, no bar Soho de Ferrol, convocados polo colectivo Lumen. Unha festa relacionada co mundo do cine para recadar fondos  para o proxecto “ Adriano, sesión contínua”. A festa empeza o sabado ás 21.00 horas no local da esquina das rúas Lugo e Magdalena. O colectivo Lumen denomina "Standarte" á cita na que tamén se exporán e venderán fotos de 40 autores, co mesmo fín.

Sociedade