A fotografía, unha importante fonte de información

A fotografía, unha importante fonte de información
17 de Xaneiro, 2019 - 01:27 h. | Publicada por Radio Fene

"Botei unhas mil horas para recopilar as fotografías antigas, restauralas e enmaquetar o libro Pousando antergos.Laraxe" afirma o autor Andrés Fernández Rifón. "Nunha das exposicións vin a unha señora chorando ao ver unha imaxe da súa nai. Isó só xa pagou todo o traballo" conclue Rifón.

ESCOITA O PODCAST:
Andrés Fernández Rifón, autor de Pousando antergos.Laraxe

“Pousando Antergos. Laraxe” é unha publicación de fotografías editada pola Deputación da Coruña e o Concello de Cabanas. Un álbum fotográfico dos veciños e veciñas da parroquia desde finais do século XIX e século XX, no que abundan os retratos e escenas costumistas. Toda unha homenaxe a aqueles que merecen ser lembrados. Falamos co seu autor Andrés Fernández Rifón no club de lectura de Radio Fene Radiofusión..

“Pousando antergos.Laraxe” Un libro de fotografías que ilustra o paso do tempo. Esther Val, Tatty Lavandeira, Andrés C.M.Ribeira, Henrique Sanfiz e Andrés Fernández Rifón participaron na conversa sobre este volume.

Cultura

Publica o teu comentario agora