As fotos de denuncia do maltrato infantil invaden os espazos públicos de Oleiros

As fotos de denuncia do maltrato infantil invaden os espazos públicos de Oleiros

25 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Impulsar o encontro entre a realidade social e a cidadanía a través da fotografía é o obxectivo do Foro Internacional Revela que, por quinto ano consecutivo, pon en marcha o Concello de Oleiros. A iniciativa, que conta con apoio da Deputación da Coruña e a Fundación María José Jove, céntrase nesta edición na violación doS dereitos dos nenos baixo o lema Morrer de infancia.

Os parques municipais Luis Seoane e José Martí exhiben as imaxes asinadas por 25 xornalistas, de 11 nacionalidades diferentes. As fotos, de grande formato e temática impactante, provocaron as queixas dalgúns veciños, segundo contou a Radiofusión o alcalde, Ángel García Seoane. Porén, o rexedor defende a importancia de que a cidadanía teña coñecemento de problemáticas que non adoitan saír nos medios de comunicación tradicionais.

No marco do Foro Internacional Revela outórgase unha bolsa de 12.000 euros, que o fotoxornalista gañador utilizará para desenvolver o seu proxecto de denuncia en calquera país do mundo. O último vencedor do certame, Fernando Moleres, empregou o premio para retratar coa súa cámara a situación que viven os nenos nos cárceres africanos.

Sociedade