Fotoxornalismo Coruña 2013 chega a Fene

Fotoxornalismo Coruña 2013 chega a Fene

06 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Casa da Cultura de Fene acollerá durante o mes de febreiro a exposición “Fotoxornalismo Coruña 2013” da Deputación da Coruña, mostra promovida pola Asociación da Prensa da cidade herculina. A exposición poderá visitarse do 7 ao 19 de febreiro, de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas. Fotoxornalismo Coruña 2013 recolle 23 instantáneas de recoñecidos

 “Observar estas fotografías, mesmo sen ler os textos que as documentan, é meterse de cheo en todo o noticiable que sucedeu nos últimos meses na Coruña e a súa área metropolitana”, salienta o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, no limiar do catálogo da exposición.

O proxecto Fotoxornalismo Coruña naceu no ano 2000 co obxectivo de reunir aos profesionais que desenvolven o seu traballo na cidade da Coruña a través de diarios, revistas, gabinetes de comunicación e axencias de noticias, trasladando a través das súas fotografías a realidade e a actualidade.

Sociedade