Foz demanda o Punto de Atención Continuada

Foz demanda o Punto de Atención Continuada

05 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Axentes sociais, sindicatos e Corporacións locais demandarán á nova Xunta de Galicia presidida por Alberto Núñez Feijoo o cumprimento das promesas efectuadas ao longo da campaña electoral do Partido Popular. Asimesmo reclamarán medidas concretas que axuden a paliar á crise económica. No ronsel de peticións aos novos gobernantes figura tamén a criación dun Hospital da Costa.

3 residencias de anciáns, centros de dia, corredor costeiro entre San Cibrao e Barreiros ou a doble tripulación para o helicóptero Pesca 2 con base en Celeiro son algunhas das ofertas que formulou en campaña electoral o PP.  Diferentes entidades da comarca lembraránlle eses compromisos á Xunta de Galicia que nomee Núñez Feijoo despois da súa elección como presidente, prevista para o vindeiro 1 de abril.

Sociedade