Fran Alonso converte a poesía nun xogo

Fran Alonso converte a poesía nun xogo

22 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

“Temos que perderlle o medo a poesía”, defendeu nos micrófonos de Radiofusión o escritor vigués Fran Alonso, quen levou a práctica o seu propio consello. Chega esta semana ás librarías, da man da editorial Xerais, O meu gato é un poeta, un poemario para “nenos de moi variadas idades” que se acompaña dun disco e se prolonga nunha páxina

O meu gato é un poeta, segundo o seu autor, ten moito de xogo, de obradoiro. “Quería que a poesía entrase por todos os sentidos posibles”, explica Alonso. Para conseguir ese obxectivo botou man de caligramas, xogos de palabras, poesía visual ou narracións. Todo iso vai acompañado dun disco no que se mesturan os versos recitados polo escritor e a música de Xurxo Souto. O proxecto prolonga a súa vida máis aló do papel e o CD a través da páxina web gatopoeta.net na que só poden entrar os que conten coa clave que contén o libro. Nese portal inclúense poemas recitados, ilustracións e ferramentas interactivas, entre outros materiais.

Cultura