Francisco Pillado, editor: “Hai un ataque frontal contra o sistema inmunolóxico do país”

Francisco Pillado, editor: “Hai un ataque frontal contra o sistema inmunolóxico do país”

16 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

“Vivimos unha berlusconización cultural”, láiase resignado Francisco Pillado, o director de Edicións Laiovento que celebra estes días os 20 anos transcorridos dende a publicación do seu primeiro volume, “Prosas de combate e maldicer”, de Xosé Manuel Beiras, canda Pepe Carreiro, Xosé Couceiro, Manuel González Millares, Afonso Ribas e o propio Pillado, un dos fundadores do pro

As circunstancias actuais arredor do galego exceden o conflito, asegura o editor, que denuncia “un ataque frontal”, xa non contra a lingua, senón contra o “sistema inmunolóxico do país” que se manifesta a través da súa cultura. Pillado cualifica de “esperpéntico” que o Goberno galego non se situase á fronte das moitas manifestacións que nos últimos tempos reclaman protección para lingua.

O best-seller de Laiovento nestas dúas décadas é moi recente. Trátase de “55 mentiras sobre a lingua galega”, coordinado por Xosé-Henrique Costas. A obra segue o modelo que defende Francisco Pillado: “Manter unha calidade, unha dignidade e estar á altura das circunstancias, argumentando”. O editor critica os ataques ao galego movidos polo “odio” de grupos como Galicia Bilingüe ao que define como “anecdótico”. “As linguas enriquecen”, proclama como modo de resistencia fronte a “vulgarización” que detecta na sociedade.

Cultura