Franco e o carnet de conducir

Franco e o carnet de conducir
20 de Maio, 2020 - 02:08 h. | Publicada por Radio Fene

O coche de línea que paraba en Rego da Moa era a salvación para os veciños de Magalofes e o cine Franlaza ao que baixaba Rosa Meizoso para ver, entre outras, as películas de Sara Montiel.

ESCOITA O PODCAST:

Escoita aquí a Rosa Meizoso en "Recordando o noso"

http://173.255.131.18/audio/200520PAZ.mp3

O coche de línea de Rego da Moa

A parada do coche de línea do Rego da Moa foi a salvación para os vecinos e veciñas de Magalofes nos tempos nos que Rosa Meizoso era unha nena.  “Era a única parada que tiñamos para ir a Ferrol ou a Pontedeume” cóntanos esta veciña de Magalofes quen advirte da preferencia da vila eumesa para ir mercar ou vender, se era o caso. Entre outras razóns estaba que se chegaba antes a Pontedeume que a Ferrol  porque non existía aínda a ponte das Pías, de feito os homes da parroquia que traballaban na Bazán tiñan que coller a lancha en Perlío. Media hora de camino do Rego da Moa a Pontedeume non a quitaba ninguén porque a estrada estaba como estaba e había moitas paradas, explica Rosa quen lembra coller o bus de volta ás 12h. “Ir á feira do 21 a Cabanas era algo moi frecuente. Todo Magalofes ía á feira, ou a mercar ou a vender a colleita ou os animais” relata Rosa Meizoso. E aclara que as ovellas e os porcos non podía ir no coche de liña, había que levalos a pé. As galiñas sí se podían levar, precisa.

Franco e o carnet de conducir

Rosa Meizoso foi esta mañá a convidada especial no programa “Recordando o noso” das Tardes Activas de Fene que coordina Mª Xosé Paz e cuxo monitor, Jaime Lendoiro, anima a participar. Neste caso propón a Rosa que, dentro do tema xeral dos medios de transporte, nos conte como sacou ela o carnet de conducir cando tiña 22 anos na autoescola Madrid- París e como, xusto no medio do curso, morre Franco. “Empecei no mes de outubro e xusto o 20 de novembro morreu Franco. Suspendeuse todo e ata o 5 de decembro non me examinei” narra Rosa quen explica as diferencias que tiña o exame antes e agora. Daquelas examinabanse na Feira de Mostras de Ferrol.

O cine Franlaza

Aínda conta Rosa como baixaba ao vello economato na estrada do peirao de Perlío a pé coa súa nai e retornaban cargadas coa compra en taxi. “Os taxis poñíanse perto do bar de Paco do Dique. Sempre había taxis alí, confirma Rosa Meizoso. A conversa foi derivando e falouse tamén do cine Franlaza, nome que lle fixo gracia ao monitor, a Jaime Lendoiro. “Franlaza” son as sílabas que responden ao nome do fundador do cine, Francisco Lamas Zarauza. (Na imaxe o seu neto Francisco Lamas- Franqui- amañando a bombilla na fachada do cine). Rosa Meizoso empezou a ir ao Franlaza de nena. Conta que ía moitísima xente, mesmo agotabanse as entradas da función de tarde e había que ir denoite. Alí veu “Lo que el viento se llevó”, outras de vaqueiros e de Sara Montiel. “Empezaban co NODO, logo a película que tiña descanso co famoso visite el ambigú pero, como no Franlaza non había, íamos ao bar do lado”. Rosa fala despois do Perla, da cantidade de buses que viñan cargados de todas partes, e dos ligues, o dela procedente de Espiñaredo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora