Fumaban hachís e bañábanse de madrugada na piscina municipal

Fumaban hachís e bañábanse de madrugada na piscina municipal

01 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Os Museos e as bibliotecas teñen xa determinados horarios de apertura polas noites. Quizais os responsabeis das Corporacións deban estudar tamén a posibilidade de abrir o uso nocturno das piscinas municipais. Semella existir demanda para iso, á luz do sucedido esta madrugada en Vigo. A Policia Local sorprendeu a un grupo de 12 mozos e mozas que, tras forzar a porta, se bañaban na piscina do Carmen, na zona das Travesas. A un deles, os axentes intervíronlle sete

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a un grupo de xovenes que se bañaban de madrugada na Piscina Municipal do Carmen tras forzar a porta de acceso a estas instalacións deportivas, e intervion droga a un deles. Segundo informou a policía viguesa, os feitos producíronse ás 00,30 horas de hoxe tras unha chamada alertando á centralita da Policía Local de que un grupo de persoas accederan a deshora ao interior da piscina, situada na zona das Travesas.

Ao chegar ao lugar dos feitos, os axentes observaron a un grupo de doce mozos e mozas no interior do pabellón que se deron á fuga ao comprobar a presenza policial. Aínda así, os efectivos policiais lograron identificar a cinco persoas. A Policía Local aclarou que os xovenes saltaron unha valla e forzaron a porta de acceso para entrar na piscina. Na identificación e cacheo a un deles, os axentes intervironlle sete barras de hachís cun peso superior aos 31 gramos, polo que a Policía procedeu a presentar a pertinente denuncia.

Sociedade