Fumando espero

Fumando espero
06 de Abril, 2020 - 11:19 h. | Publicada por Radio Fene

O estanco de Perlío mantén a venda de tabaco o mesmo que antes da crise do Covid19 pero cambiou o hábito de comprar. A xente respecta o confinamento e acude un ou dous días á semana para comprar por cartóns.

ESCOITA O PODCAST:

A clientela do estanco de Perlío ven sendo a mesma que antes da alarma sanitaria. Afirma o seu propietario, José María Lourido, que a venda anticipada nos primeiros dias da crise non chegou ao nivel do papel hixiénico nos supermercados. Se ben ao principio os clientes fixeron acopio de tabaco pola incertidume do que pasará, agora foise normalizando a situación. Lourido cóntanos que cambiou a forma de comprar porque a xente adaptouse ao confinamento e á recomendación de non sair da casa. Destaca o estanqueiro de Perlío a boa educación da xente nese sentido. “Os clientes veñen comprar un día á semana ou dous, afirma Lourido, e compran un cartón ou medio, cando antes viñan todos os días e levaban un paquete según ían necesitando”.

A educación tradúcese tamén no comportamiento no propio establecemento. Xa non hai que decir nada, porque os clientes quedan fora e so entran de un en un. O estanco adoptou varias medidas de seguridade e hixiene, pintando unha raia no chan para manter a distancia entre o cliente e quen despacha, colocouse unha mampara de metacrilato co mesmo obxectivo e utilízanse luvas para manipular o producto. O suministro de tabaco está garantido, asegura José María, quen recibe unha  remesa cada dez días. Hoxe chegará a segunda desde que empezou a situación de alarma sanitaria polo coronavirus.

 

(Na imaxe, torcedor de tabaco. Cuba outono 2019)

Sociedade

Publica o teu comentario agora