Función Pública recoñece situacións “indesexables” pero “non ilegais” nas oposicións de Facenda

Función Pública recoñece situacións “indesexables” pero “non ilegais” nas oposicións de Facenda

09 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

“Non é certo que dos funcionarios de Facenda optasen a un posto na Xunta e fosen membros do tribunal que os examinaba”, defendeuse nesta xornada o director xeral de Función Pública, José María Barreiro. Porén, para non haber ningunha irregularidade, o Executivo autonómico decidiu emendarse e vén de aprobar unha resolución pola que non se permitirá que ningunha persoa que estea participando como opositor nun proceso selectivo d

A investigación da Xunta sobre presuntas fraudes nos procesos de acceso e promoción dentro do corpo de funcionarios determina que non había nada que investigar. O director xeral de Función Pública, José María Barreiro, explicou no Hórreo que todos os procesos “axustáronse á legalidade e á normativa existente”. No caso da promoción no seu propio departamento, dependente da Consellaría de Facenda, o alto cargo explicou que os dous funcionarios e asemade membros do tribunal sinalados pertencían al tribunal do Corpo Superior da Administración, subgrupo A1 por acceso libre, e participaban na oposición de promoción interna A1. Xa que logo, para Barreiro non hai caso porque a convocatoria era “diferente”.

Para reforzar o seu argumento de que non houbo beneficio para os opositores implicados, o responsable do funcionariado explicou que, se o proceso rematase agora, ningún dos dous tería obtido praza. Barreiro referiuse tamén á investigación sobre as presuntas irregularidades acaecidas no proceso selectivo de acceso libre ao corpo administrativo, subgrupo C1, e no de consolidación de emprego para o ingreso no corpo auxiliar, subgrupo C2. É preciso lembrar que varios membros da mesma familia obtiveran as máximas cualificacións e fallaran as mesma preguntas. Nese caso, os cinco opositores sospeitos foron expulsados, pero o Goberno conclúe que “non se deriva a esixencia de responsabilidade política de ningún tipo”. O director xeral de Función Pública teimou diante da oposición en que os últimos casos irregulares nas oposicións non son “desexables”, pero defendeu que o Goberno galego actúa respectando a norma vixente aprobada en tempos do bipartito. 

As explicacións de José María Barreiro non convenceron á oposición parlamentaria. O deputado máis belixerante nesta cuestión, o socialista José Manuel Lage Tuñas, volveu esixir a dimisión do máximo responsable dos procesos opositores ao entender que, segundo as súas palabras, tiña constancia das irregularidades e non actuou ata que os casos saltaron á prensa.

O nacionalista Alfredo Suárez Canal, se ben concedeu que o acontecido puido non ser estritamente ilegal tendo en conta a norma vixente, si foi anómalo. Por iso, o deputado do BNG pediu que se asumisen responsabilidades políticas. 

Institucional