A Fundación Caixa celebra o seu vixésimo aniversario amosando ao público os fondos da súa colección

A Fundación Caixa celebra o seu vixésimo aniversario amosando ao público os fondos da súa colección

02 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A sede da Coruña Fundación Caixa Galicia vén de inaugurar Desde o informalismo ao multicolor. Trátase da primeira exposición das catro que forman o ciclo Miradas coas que a entidade celebra o seu vixésimo aniversario achegando ao público os fondos da súa colección. Esta mostra pode visitarse ata o 31

Desde o informalismo ao multicolor repasa a arte ibérica do último medio século da man do comisario Alfonso de la Torre. A exposición percorre os principais movementos artísticos desde os anos 50 ata a explosión creativa dos 80 incluíndo obras de Tàpies, Antonio Saura, Chillida, Manolo Millares, Rui Chafes ou Darío Villalba.

Este xoves día 5 inaugurarase en Lugo Galicia ata 1975, comisariada por Fernando Huici, a segunda das exposición do ciclo Miradas. A terceira das propostas, Realidades, expresións, tramas. Arte en Galicia dende 1975, por Iria Candela, abrirá as súas portas o vindeiro 24 de abril en Ferrol. Por último, Cara ao paraíso. Un diálogo coa arte galega e as vangardas, encabezada por Fernando Castro, exporase a partir do no mes de outubro na sede da Fundación Caixa Galicia en Compostela.

Sociedade